Estás en MaisTendencia » Celebra, Moda » Noiva millenial
Vestido novia diferente NafNaf de Belinda

Noiva millenial

A Barcelona Bridal Fashion Week (BBFW) é a pasarela máis importante no mundo da moda nupcial a nivel nacional, que se celebra  dende hai 26 anos na cidade condal.

A última edición da BBFW tivo lugar a derradeira semana de abril e nela presentáronse as tendencias de 2017 (nisto das pasarelas xa se sabe que todo se coce con, alomenos, un ano de adianto).

Noivas millenial

Un dos grandes focos de interese do certame foron as «noivas millenial«, un colectivo conformado polas persoas nadas entre 1980 e o 2000, cuxos gustos e preferencias é preciso coñecer sendo unha empresa que se desenvolve no mercado bridal. Por esta razón, a BBFW encargou ó profesor da IESE Business School, José Luis Nueno, un estudo que desvelase todas as súas claves e que chamou Millenial brides: nacer en los 80’s, casarse hoy.

Vestido de noiva
Conxunto de dúas pezas da colección «Voda á vista» de NafNaf, á venda en Belinda (Galerías do Parque, Ourense).

No universo wedding  os millenials constitúen «o grupo de noivos potenciais máis importante entre os anos 2016 e 2030″, según Nueno. Pero…¿cales son as súas características cualitativas? »

A Noiva Millenial cambia o sistema de compra do vestido de noiva.

A noiva millenial é a primeira nativa dixital e iso está trocando o sistema de compra do vestido de noiva, así que os puntos de interacción coa futura esposa multiplicáronse», di o estudo. Este «shopping journey» xa non comeza na tenda física, senón en Google, Instagram, en Pinterest, webs, apps, comentarios e consellos en redes sociais e blogs.

diptico-2

As marcas e os retailers teñen que adaptarse a esta nova realidade ampliando o seu campo de acción: Estar presente en tódolos canais é todo un imperativo hoxe en día para as empresas e tendas de moda nupcial.

Non obstante, a noiva millenial europea usa internet para conseguir só información, porque á hora de mercar segue primando a experiencia na tenda física, que se reforzará, máis aínda, para ser o centro final e protagonista da compra.

As Noivas Millenials son coidadosas cos presupostos.

Outra das características das noivas millenials é que «son coidadosas co gasto, infórmanse máis sobre os recursos dispoñibles«, dado que os millenials naceron na «era do barato».

«Modelos como o desconto, o fast fashion vertical, os outlets ou o low cost, pertencen ó seu ecosistema», asegura o autor do estudo.

Pero, aínda que a moda nupcial consiga arredarse desta tendencia (o prezo dun vestido soe superar os mil euros), xa existen moitas propostas coas que vestir de noiva por poucos cartos, aptas para satisfacer as noivas millenial.

diptico-3

Gran conciencia ecolóxica e respeto polo medio ambiente.

E como tamén se di dos millenials que son a xeración con maior conciencia ecolóxica e respeto polo medio ambiente, seguro que as noivas millenial non han renuncian a reutilizar o seu vestido de novia, dándolle unha segunda vida que o aproveite para sacalo á rúa, levalo de festa e mesmo a outras cerimonias ¿por que non?

A clave pasa por desenfalo cunha chaqueta de coiro, unha cazadora vaquera, unhas sneakers ou elexir calquera outro complemento axeitado ó ambiente ó que o traslademos, como te amosamos nas imaxes que acompañan esta información, elaboradas a partir dos looks conformados pola tenda de moda feminina Belinda, ubicada nas Galerías do Parque, en Ourense.

diptico-4

E pecho esta entrada cun apunte: a industria da moda nupcial española é un dos referentes mundiais e España o segundo exportador do sector, tras China. A súa facturación achégase ós 1.300 millóns de euros e emprega a máis de 6.000 persoas no segmento dos vestidos de noiva.

Fotografías de

Jennifer Novoa
Jennifer Novoa
Fotógrafa, apasionada de la historia del arte y la moda. A veces me transformo, cojo mi guitarra y canto canciones de Queen.
Correo electrónico

Fotografías de

Celia Rodríguez
Celia Rodríguez
Fotógrafa en proyecto, amante del cine y las series. Tengo sueños que, poco a poco, voy convirtiendo en realidad. Pizza is my bae.
Correo electrónico


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (4 voto(s), media: 5,00)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittermail
Síguenos en: Facebooktwitter



Un comentario en “Noiva millenial

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Acepto la política privacidad