Estás en MaisTendencia » Celebra, Moda » “Voda á vista”, colección NafNaf de noivas por 200 euros ou menos, en Belinda
diptico-novias-belinda-3

“Voda á vista”, colección NafNaf de noivas por 200 euros ou menos, en Belinda

Voda á vista” é o berro de guerra que entoamos este mes no que se dá por inaugurada a tempada de celebracións. O calendario de vodas, bautizos e comuñóns extenderase, con probabilidade, ata entrado setembro. Así que, “corpo a terra” se non queremos vernos alcanzados de cheo por un convite ou varios, e botarnos a tremer con tódolos gastos que representan. Pero se por moito que fagas a cobra non te vas poder librar, xa que desta tí es a noiva, colle aire e respira, porque tamén existe vida low cost para noivas que dean o “sí quero” sen arruinar no intento.

A firma téxtil francesa NafNaf, posicionada no mercado como unha marca de roupa prêt-à-porter,  dirixida “á muller de hoxe, moderna, chic e actual con toques de sofisticación”,   vén de crear para esta tempada de primavera/verán 2016 unha colección cápsula bautizada como “Voda á vista” para noivas que se atreven a “dar a badalada” con toques de orixinalidade.

A colección inclúe dende vestidos longos con encaixe e matices brancos de espíritu bohème, ata vestidos curtos e mesmo traxes de chaqueta de smoking e pantalón. Toda unha serie de prendas coas que ser unha noiva orixinal e con estilo, pero por prezos máis que asequibles, cuxo custe non supera os 200 euros.

A colección está dispoñible nos establecementos autorizados para a comercialización da marca. En Ourense podémola atopar en Belinda, nas Galerías do Parque, de cuxo establecemento vos imos ensinar tres propostas que trasladamos ás rúas de Ourense, para que vos vaiades metendo no papel. Non perdades detalle!

A florería Drácena, no número 122 da Avenida de Zamora compuxo o precioso ramo de noiva que se ve nas imaxes.

VESTIDO CURTO CON ESCOTE “PALABRA DE HONRA” E CHAQUETA DE LAZO.

diptico-novias-belinda-2
Os detalles do releve no tecido dotan dun toque delicado e especial ó corte clásico e sinxelo do vestido. Prezo do vestido: 99,90€; Prezo da chaqueta: 99,90€
diptico-novias-belinda-4
O vestido acompáñase dunha chaqueta de medio corpo con lazo.

diptico-novias-belinda-1

VESTIDO LONGO FLUIDO DE AIRE BOHÈME.

vestido-novia-largo-1
Con textura lisa e escote redondo cinguido ó pescozo na parte superior e delicados bordados floreados na parte inferior. Prezo do vestido: 129,90€; prezo da chaqueta: 59,90€.
vestido-novia-largo-2
O vestido acompáñase dunha chaqueta de gasa con delicados bordados de flores, a xogo coa parte inferior do vestido.

CONXUNTO DE DÚAS PEZAS: FALDA DE TUL E TOP DE ESCOTE NAS COSTAS.

conxunto-duas-pezas-belinda-1
A falda de tul, con cintura en plata, adórnase cun romántico bordado de plumeti. Prezo do falda: 69,90€; prezo do top: 44,90€; prezo da chaqueta: 39,90€.
conxunto-duas-pezas-belinda-2
O top, que reproduce o mesmo bordado de plumeti na parte superior frontal, complétase cunha sensual espalda ó descuberto con detalle de lazo.

Segue a buscar a inspiración na seguinte galería que contén máis fotos do book.

Ver Galería de Imágenes
Fotografías

Jennifer Novoa
Jennifer Novoa
Fotógrafa, apasionada de la historia del arte y la moda. A veces me transformo, cojo mi guitarra y canto canciones de Queen.
Correo electrónico

Fotografías

Celia Rodríguez
Celia Rodríguez
Fotógrafa en proyecto, amante del cine y las series. Tengo sueños que, poco a poco, voy convirtiendo en realidad. Pizza is my bae.
Correo electrónico


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (3 voto(s), media: 5,00)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *