Estás en MaisTendencia » Celebra » 85 ideas a un só click para saber que agasallar este Nadal
regalos-navidad

85 ideas a un só click para saber que agasallar este Nadal

Os agasallos de Nadal son os máis agardados. Quen máis e quen menos espera recibir un ou varios presentes nestas datas. Por iso, convén que a elección sexa o máis axeitada posible en función do destinatario.

A Asociación de Comerciantes, CCA Ourense Centro, que representa o comercio de proximidade do centro de Ourense ven de editar un catálogo virtual que recompila preto de 100 ideas (85 en concreto) para agasallar a familiares e amigos este Nadal.

Este catálogo virtual ten a intención de facilitarnos a tarefa de acertar cos nosos regalos de Nadal á vez que de promocionar o comercio de proximidade na cidade.

As propostas son moi variadas: Hai artigos de regalo para deportistas, (dende os que se decantan pola práctica de deportes de inverno ata para os que prefiren facer ximnasia na casa e quentiños); complementos, como gafas de sol; perfumes ideais para papá e mamá; bonos para regalar un peiteado, unha masaxe ou un tratamento de estética á parella; botellas de excelente viño para o amigo sibarita; artigos de bebé para os que estrean paternidade; beléns, nacimentos e outras pezas decorativas pensadas para inundar o fogar de espirito navideño; e moito máis.

Todas están ordenadas en función do prezo do artigo, ata 20, 50, 100, 200 e 500 euros, polo que poderás adaptar as opcións á túa capacidade adquisitiva.

Estas son algunhas, pero entra neste enlace se queres atopar máis.

pack perfumesbono regalo  pesebre artesano botella vino tinto

 

 


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (Sin Valoraciones)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *