Estás en MaisTendencia » Con estilo » Entrevista a Sergio Pazos: «Gustaríame que os políticos fosen de proximidade, como o comercio»
entrevista-Sergio-Pazos

Entrevista a Sergio Pazos:
«Gustaríame que os políticos fosen de proximidade, como o comercio»

Actor, presentador, cómico, monologuista…Sergio Pazos é un dos ourensáns máis recoñecidos no panorama español, grazas á súa longa traxectoria enriba dos escenarios, nos platós de televisión e como intrépido reporteiro, do xa antolóxico programa «Caiga Quien Caiga». Tivemos oportunidade de conversar con el en Ourense o mesmo día do Sorteo de Navidad, momentos antes da celebración en Lumeal, na Praza Maior, dun sorteo paralelo, onde exercía de mestre de cerimonia.

entrevista-Sergio-Pazos-4
Sergio Pazos dinamiza el sorteo paralelo de Navidad en Lumeal

-Estes días, como o turrón El Almendro, volve a casa polo Nadal?

Sí, intento volver sempre por Nadal. E sempre que podo por cuestión de traballo, con monólogos que interpretamos nos bares. Trato de estirar e aproveitar o tempo na cidade. Ademáis, xa teño un pai de 83 anos ó que hai que darlle cariño, ós amigos, ós irmáns e sobriños. E tamén quero recuperar Ourense.

entrevista-Sergio-Pazos-5
Una afortunada recibe el premio de manos de Sergio Pazos

-Pensaba que dende Madrid, onde está establecido, sería fácil?

Depende do traballo. Este ano representamos en Mérida un espectáculo chamado «Asamblea de Mujeres», de Aristófanes, dirixido por Juan Echanove, xunto a Lolita, Pastora Vega, María Galiana, Pedro Marí Sánchez, Luis Fernández Alves, Concha Delgado, Mar Santana, Santi Crespo ( Josete de Cuéntame). Estivemos dez días e enchemos todos o teatro. 30300 personas se achegaron a vernos. Nunca tal cousa pasara en Mérida. Así que o próximo verán recuperaremos este espectáculo. Entón, é un luxo saber que o próximo ano vou ter traballo e en teatro.

-Tamén anda a cousa mal para vostede?

Bueno, no teatriño xa se sabe, os salarios son moi xustos, pero é o noso tamén. Eu empecei en teatro, son home de teatro, gozo moitísimo facendo teatro e ó final é oficio. Teño a sorte de que vimos de estrear unha obra, «Los Diablillos Rojos», con Beatriz Carvajal, Montse Pla (a súa filla) e con Juanjo Cucalón. É unha comedia sobre tolos, moi tenra pero con moito humor. Estreamos en Madrid o 13 de xaneiro no Teatro Amaya, onde estaremos en febreiro e marzo e logo, en abril, maio e xuño, de xira.

entrevista-Sergio-Pazos-2
Un momento de la representación de «Los diablillos rojos» con Beatriz Carvajal

-Así que en 2016 os escenarios arredarano de Ourense tamén.

Durante unha tempada será complicado escapar para facer monólogos na cidade, pero intentareino igual. Hai nada estiven en Lugo co monólogo «Rebento, sen non o conto», un espectáculo aproveitado e adubiado coa tradición oral que temos en Galicia. Como actor que son gústame moito interactuar co público. Comentamos anécdotas, damos caña a quen hai que darlla, falamos tamén de como son os galegos, porque os galegos facemos os monólogos de maneira distinta, mira que se puxeron de moda! pois nós non os facemos igual.

-Monologuista, actor, reporteiro, escritor…pero tamén foi comerciante local na hostalaría cunha tortillería, A Pita Tola, hai tempo xa…que lembra desa experiencia no comercio local?

Creo que hai que probar de case todo. Eramos catro amigos que nos levavamos moi ben. Un era Daniel Piñeiro, compañeiro en Teatro Caritel, a compañía profesional que existía en Ourense daquela. Montar un bar levábase daquela. Tiña un baixo na Praza de San Cosmede. Falei con meu pai, chimpamos con todo e empezamos a aprender hostalería. O último ano tiven a tortillería A Pita Tola e a Sala Caritel nas Lagoas. Pero xa estaba traballando na tele. Íame o mesmo día pola maña a Madrid e no mesmo día chegaba e metíame na Pita Tola a traballar. Xa non te digo cando estaba en Pratos Combinados.

entrevista-Sergio-Pazos
Entrevista a pie de calle en el entorno del comercio local del centro urbano

-Así que ó final queimouse nos fogóns…

Sí, porque o segredo da hostalaría é que hai que ter tempo e estar, pero valoro a miña experiencia como empresario local. Faciamos produtos típicos, a tortilla era con ovos de Coren (risas) e había que darlle duro. Por iso, son partidario de apoiar o comercio local. Se ben é certo que non ten marxe para sustentar unha grande estrutura, hai que buscar o punto medio, pódese mercar en grandes centros e tamén no pequeno comercio, que coñece e sabe o que lle convén ó cliente.

-E vostede onde merca?

A min gústame facelas compras día a día. Mercar na panadería onde che coidan o pan. Tamén son moito da froitería de verdade, da de barrio. Penso que hai que defender o comercio local porque senón acabaremos sendo todos iguais. Temos a sorte de vivir nun pais no que podemos estar moito tempo na rúa, pasear e atopar produtos de calidade.

-Ademais de comercio, este blog tamén fala de moda e tendencias. Na súa profesión a imaxe é moi importante. Cómo coida SP a súa imaxe?

Son bastante vago, falcatruán. De cando en vez merco algunha cousiña para asistir ós eventos, pero confeso que son moi pasota.

-Refírese a ese «pasotismo» estudiado dos actores (ironía no sorriso)?

Bueno, preocúpome da forma física. Fago bicicleta e intento comer moi ben, sabendo que teño unha profesión moi moi desordenada a conta das viaxes. Estamos medio ano fóra da casa, así que o tempo que paso nela trato de coidarme. En resumo, coidome-descoidome, coidome, descoidome, alternativamente.

-Cóntenos algún truquiño para lucir guapos no photocall?

Mira, o meu truco é o aloe vera e o papel, sobre todo para os que nos afeitamos. Sana… sirve de gomina… O meu truco para o peiteado e a cara é o aloe vera.

-Para rematar, pida algún desexo de aninovo para 2016.

Que os políticos sexan tamén de proximidade, como o comercio. A min dame igual a cor que sexa. Hai que saber xestionar diñeiro público, axudar ó máis necesitado, porque mañá podemos ser nós e hai que intentar levantar esta cidade. Pedíríalle a un político que imaxine que ten un fillo pequeno e que dentro de 25 anos ese fillo ten que marchar. Un político que imaxina a situación pensará no futuro.

-Ten sentimento de emigrado?

Por un lado considérome un emigrante, aínda que por outro, na miña profesión Madrid é unha cidade na que hai que estar, na que podo gozar do teatro, do cine e de compañeiros e ter maís oportunidades, pero por outra banda pregúntome: por que me tiven que ir eu? Pagarme un piso alí, cando podía estar aquí? Así que hai que preguntarse: En qué podemos ser ricos? Non o sei, non son técnico, pero sei que temos castañas, casas rurais, carne, ovos, turismo, termalismo…moita riqueza. Os técnicos que propoñan, os políticos que decidan e nós, apoiemos.


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (2 voto(s), media: 5,00)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittermail
Síguenos en: Facebooktwitter



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Acepto la política privacidad