Estás en MaisTendencia » Moda » Lookbook de estilo texano e sofisticado: Por Jennifer Novoa
A Garatuxa&Jennifer Novoa 6

Lookbook de estilo texano e sofisticado: Por Jennifer Novoa

Este post inicia unha serie que proseguerá no mes de abril para falar das actividades que os alumnos do segundo curso do Ciclo Superior de Fotografía da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde (EASD), canteira de futuros fotógrafos profesionais en Ourense, realizaron en colaboración co CCA Ourense Centro.

Armando García, profesor da EASD explica que a actividade enmárcase nun traballo específico sobre “fotografía de moda“, onde os estudantes debían compor e fotografar diversos looksbooks ó xeito de catálogos comerciais de empresas de moda e tamén de publicacións especializadas, elaborando fotos de estudo e outras máis próximas ó streetstyle.

Establecementos asociados a CCA, como A Garatuxa, Belinda, Burbrujas, El Sueño de Lu, Hermanos Barros, KomodamodaSloaneSquare e TrendTantra proporcionaron prendas para que os estudantes compuxeran os looks.

E esta semana fixéronnos chegar os agardados resultados, así que aquí vai a primeira entrega:

JENNIFER NOVOA E O SEU LOOKBOOK TEXANO

O primeiro que vos imos ensinar é o traballo de Jennifer Novoa, estudante de 21 anos cuxas inquedanzas musicais e no mundo das artes plásticas levárona a cursar un bacharelato artístico e despois a matricularse na EASD porque a fotografía -explica- é a canle “que me serve para expresar, en certo xeito, a miña forma de observar o mundo”.

A Garatuxa&Jennifer Novoa 5

Jenny compuxo tres looks atraída polas prendas de confección propia de Mary Fernández, que xunto con Rosa Puga forman o equipo de A Garatuxa, unha boutique de roupa e complementos para muller na rúa Vasco Díaz Tanco.

personal selo de confección xenuino e artesán de modista a pequena escala de A Garatuxa reclamou a atención da fotógrafa, que escolleu un vestido reversible de cerimonia con estampado de flores e cinturón a xogo, un top co mesmo estampado e un corpiño branco en tecido denim. 

O obxectivo da proposta desta creadora era descontextualizar as prendas do ambiente para o que estaban pensadas: festa e cerimonia.  “O patrón do vestido e o corte de escote tipo halter é propio dun cóctel ou festa de día”, explica Jennifer, pero “trasladeino a un lugar distinto, unha hípica, e creei un look texano que rachases coas ideas preconcebidas, que completei con prendas confeccionadas en telas vaqueiras e coiro en tons azuis e cámel e botíns campeiros“.

LOOK 1: O protagonista é o top de raso floreado. Jennifer explica que lle quixo “dar un aspecto urbano e moderno engadíndolle uns jeans combinados con dous tipos de chaqueta: unha gabardina de coiro e outra vaqueira, con botíns cor cámel.

Look tejano

LOOK 2: O corpiño branco é neste caso a peza central. “Para darlle unidade co resto da colección” a fotógrafa di que utilizou o cinto que acompañaba o vestido e colocouno por riba como un faixín.

A Garatuxa&Jennifer Novoa 7

LOOK 3: O vestido de flores, que a fotógrafa complementou co cinto, pero buscando o lado escuro, acompañouno dos botíns cor cámel que desenfadan o conxunto.

A Garatuxa&Jennifer Novoa 8

O primeiro obxectivo que a estudante tiña claro, mesmo antes da selección das prendas, era “resaltar a idea de que a moda non ten idade e é para todo tipo de persoas“, por iso escolleu a unha muller de “trazos marcados e expresión non típica”, de mediana idade (50 anos) e que non fora modelo profesional, para escenificar “con naturalidade” os looks. A primeira persoa na que pensou Jennifer foi súa nai, Ana Isabel Domínguez para lograr tales propósitos.

Jennifer Novoa& A Garatuxa 7

A hípica é “un escenario rachador, onde ubicar a unha muller de 50 anos, segura de sí mesma e desafiante“, di Jenny. Implicar un animal, un cabalo en concreto, no traballo tamén atraeu a artista, porque “transmiten seguridade, son fortes e elegantes“, explica.

A Garatuxa&Jennifer Novoa 6

En canto á técnica a fotógrafa conta que as fotos se tomaron maioritariamente en interiores, variando o tipo de iluminación. As da hípica fixéronse en dúas sesións, “unha con luz natural de 10,00 horas a 13,00 horas do mediodía e diversas fontes de luz continua e a segunda pola tarde para atopar contrastes máis marcados e utilizar luz que puidese controlar máis“.

Jennifer di, que ademais de súa nai, no plano estético considerou dous referentes, para ela sinónimos de beleza e elegancia, como son as actrices Emma Thompon e Audrey Hepburn, mentres que no plano artístico e técnico admira o traballo de Richard Avedon, retratista e fotógrafo de moda que recolleu a imaxe da beleza, a cultura e a elegancia nos Estados Unidos durante 50 anos, ata o seu falecemento en 2004.

Non te perdas  o resto do excelente traballo de Jennifer Novoa, que completa as fotografías que ilustran este post, na seguinte galería de imaxes.

Ver Galería de Imágenes

Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (11 voto(s), media: 4,82)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *