{"id":2180,"date":"2016-04-12T23:44:23","date_gmt":"2016-04-12T21:44:23","guid":{"rendered":"http:\/\/www.maistendencia.com\/?p=2180"},"modified":"2022-02-07T13:50:08","modified_gmt":"2022-02-07T11:50:08","slug":"que-3d-o-futuro-xa-esta-aqui","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/que-3d-o-futuro-xa-esta-aqui\/","title":{"rendered":"+ que 3d: o futuro xa est\u00e1 aqu\u00ed"},"content":{"rendered":"<p>En 1980 Santiago Auser\u00f3n e o resto da banda Radio Futura, hoxe extinta pero considerada como un dos grupos m\u00e1is influintes da m\u00fasica contempor\u00e1nea espa\u00f1ola, entonaban aquela frase de \u00ab<strong>el futuro ya est\u00e1 aqu\u00ed<\/strong>\u00bb cando cantaban o tema titulado \u00abEnamorado de la moda juvenil\u00bb.<\/p>\n<p>Esta frase parece cobrar m\u00e1is sentido a cada d\u00e9cada que pasa. O que ata hai pouco se tildaba de ciencia-ficci\u00f3n, cada ano que transcorre despr\u00e9ndese m\u00e1is da segunda parte da expresi\u00f3n.<\/p>\n<p>Hoxe por hoxe, as gafas de realidade virtual, as aplicaci\u00f3ns de realidade aumentada, os trebellos rob\u00f3ticos ou a <strong>impresi\u00f3n 3D, da que imos falar neste post<\/strong>, xa\u00a0son de uso dom\u00e9stico sen necesidade da ficci\u00f3n televisiva para meterse nos nosos fogares.<\/p>\n<h2>\u00bfQu\u00e9 e a Impresi\u00f3n 3D?<\/h2>\n<p>A Wikipedia define a <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Impresi%C3%B3n_3D\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">impresi\u00f3n 3D<\/a> como un <strong>conxunto de tecnolox\u00edas\u00a0onde un obxecto tridimensional \u00e9 creado pola superposici\u00f3n de capas sucesivas de material<\/strong> (pl\u00e1sticos, na s\u00faa maior\u00eda), o que \u00e9 posible grazas \u00e1s <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Impresora_3D#Otros\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">impresoras 3D<\/a>, <strong>m\u00e1quinas que reproducen dese\u00f1os tridimensionais creando pezas ou maquetas volum\u00e9tricas a partires dun dese\u00f1o feito por ordenador, descargado da internet ou recollido por un esc\u00e1ner<\/strong>.<\/p>\n<figure id=\"attachment_2190\" aria-describedby=\"caption-attachment-2190\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2190 size-full\" title=\"Impresora 3D que empregan en + que 3D\" src=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_06.jpg\" alt=\"Impresora 3D que empregan en + que 3D\" width=\"800\" height=\"532\" srcset=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_06.jpg 800w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_06-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_06-400x266.jpg 400w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_06-50x33.jpg 50w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2190\" class=\"wp-caption-text\">Impresora 3D que empregan na empresa ourensana <strong>+ que 3d<\/strong> para crear obxectos a partires de bobinas de f\u00edos pl\u00e1sticos.<\/figcaption><\/figure>\n<p>\u00d3 mesmo tempo que na d\u00e9cada dos 80 en Espa\u00f1a soaba o tema de Radio Futura as impresoras 3D xa se usaban a escala industrial, pero non foi ata o <strong>ano 2009 que se sacou o primeiro modelo de impresora 3d de uso dom\u00e9stico \u00f3 mercado<\/strong>.<\/p>\n<p>O xornal The Economist publicou en 2012 unha informaci\u00f3n sobre o acontecemento que titulou \u00ab<a href=\"http:\/\/www.economist.com\/node\/21553017\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Terceira Revoluci\u00f3n Industrial<\/a>\u00bb (e dende ent\u00f3n a impresi\u00f3n 3d as\u00f3ciase de cot\u00edo con este termo), como lembra o xornalista Luis Meyer nunha <a href=\"http:\/\/ccaa.elpais.com\/ccaa\/2016\/03\/22\/madrid\/1458671917_659585.html\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">rese\u00f1a<\/a> que escribiu en El Pais a conta da exposici\u00f3n Futuro Inmediato. Impresi\u00f3n 3D, que dende o pasado 23 de marzo e ata o vindeiro 26 de xu\u00f1o se pode visitar en Madrid na sala D-Espacio do centro cultural e muse\u00edstico CentroCentro.<\/p>\n<p>A exposici\u00f3n, que mostra pezas impresas en 3d, pretende amosar o amplo abano de posibilidades que se abren con esta tecnolox\u00eda e todas as cousas que se poden facer cunha impresora 3d, moitas delas, dende a propia casa.<\/p>\n<p>En verbas dos organizadores o vasto campo de aplicaci\u00f3ns ext\u00e9ndese \u00aba case todos os aspectos da vida: dende comida a \u00f3rganos humanos, de ladrillos a pezas de vidro ou de cemento, de compo\u00f1entes met\u00e1licos para construci\u00f3n a mobles, dende cer\u00e1micas a pr\u00f3teses ou a escaiolas, dende xoias a vestidos, de xoguetes a \u00a0gafas e bol\u00edgrafos, dende casas a l\u00e1mpadas e solas de zapato\u00bb.<\/p>\n<figure id=\"attachment_2187\" aria-describedby=\"caption-attachment-2187\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"Impresiones en 3d wp-image-2187 size-full\" src=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_03.jpg\" alt=\"Impresiones en 3d en Ourense\" width=\"800\" height=\"532\" srcset=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_03.jpg 800w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_03-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_03-400x266.jpg 400w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_03-50x33.jpg 50w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2187\" class=\"wp-caption-text\">Obxectos de decoraci\u00f3n e dese\u00f1o que podemos ver no escaparate de <strong>+ que 3d<\/strong>, no n\u00famero 36 da Avenida Bos Aires, en Ourense.<\/figcaption><\/figure>\n<figure id=\"attachment_2186\" aria-describedby=\"caption-attachment-2186\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2186 size-full\" title=\"Bobinas de nylon para a impresi\u00f3n en 3d\" src=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_02.jpg\" alt=\"Bobinas de nylon para a impresi\u00f3n en 3d\" width=\"800\" height=\"532\" srcset=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_02.jpg 800w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_02-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_02-400x266.jpg 400w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_02-50x33.jpg 50w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2186\" class=\"wp-caption-text\">Bobinas de nylon empregadas por <strong>+ que 3d<\/strong> para a impresi\u00f3n de obxectos que n\u00f3s mesmos podemos dese\u00f1ar.<\/figcaption><\/figure>\n<p>Se alg\u00fan de v\u00f3s se vai deixar caer un d\u00eda destes por Madrid e lle apetece visitar a exposici\u00f3n da que falamos que saiba que vai atopar, entre outras pezas, sillas, l\u00e1mpadas, xarr\u00f3ns e vaixelas impresas en distintos materiais como o <strong>nylon<\/strong>, a <strong>cer\u00e1mica<\/strong>, o <strong>vidro<\/strong> e ata da \u00abpropia <strong>area do deserto<\/strong>\u00ab.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se poder\u00e1n ver como quedan as pezas dunha ponte de <strong>aceiro<\/strong> que se vai construir para un dos moitos canais que hai na cidade de Amsterdam.<\/p>\n<h2>+ que 3d &#8211; Impresi\u00f3ns en 3d en Ourense.<\/h2>\n<p>Pero se non ides ter a oportunidade de facelo e vos interesa aproximarvos \u00f3 mundo da impresi\u00f3n en tres dimensi\u00f3ns, en Ourense, a empresa<strong> <a href=\"http:\/\/masque3d.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">+ que 3d<\/a><\/strong>, onde se tomaron as fotograf\u00edas que ilustran parte deste post, pode introducirvos neste mundo do que estamos empezando a co\u00f1ecer o seu grande potencial.<\/p>\n<p>A empresa, dirixida por Ana G\u00f3mez, indica que esta tecnolox\u00eda \u00ab<strong>desenvolve e estimula a creatividade das personas a trav\u00e9s do co\u00f1ecemento, pr\u00e1ctica e uso de ferramentas de dese\u00f1o espec\u00edficas para o modelado 3D, podendo crear proxectos reais que te\u00f1an un espazo no mercado cun alto compo\u00f1ente innovador e creativo<\/strong>\u00ab.<\/p>\n<figure id=\"attachment_2192\" aria-describedby=\"caption-attachment-2192\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2192 size-full\" title=\"+ que 3d - Impresi\u00f3ns en 3d en Ourense.\" src=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_08.jpg\" alt=\"+ que 3d - Impresi\u00f3ns en 3d en Ourense.\" width=\"800\" height=\"548\" srcset=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_08.jpg 800w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_08-300x206.jpg 300w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_08-50x33.jpg 50w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2192\" class=\"wp-caption-text\">Instalaci\u00f3ns da empresa <strong>+ que 3d<\/strong> na avenida de Bos Aires.<\/figcaption><\/figure>\n<h3>Servicios de asesoramento a hora de adquirir unha impresora 3d.<\/h3>\n<p>Esta empresa ourens\u00e1 non s\u00f3 ofrece <strong>servizos de impresi\u00f3n 3d<\/strong>, sen\u00f3n tam\u00e9n de <strong>asesoramento<\/strong> a quen estea interesado en <strong>adquirir unha impresora 3d<\/strong> para a casa, segundo o uso que te\u00f1a pensado darlle e os materiais que se poden empregar; no caso de ter a idea dun dese\u00f1o en mente, tam\u00e9n se poden encargar de facela realidade, preparando os bocetos, facendo o modelado e os retoques necesarios antes da impresi\u00f3n.<\/p>\n<p>De feito, unha das maiores utilidades que a d\u00eda de hoxe se atopa na impresi\u00f3n 3d est\u00e1 relacionada coa<strong> creaci\u00f3n de prototipos<\/strong>, que permiten \u00f3s desenvolvedores de produtos obter unha r\u00e9plica en distintos materias que permita avaliar a s\u00faa viabilidade antes de encargar a fabricaci\u00f3n en serie.<\/p>\n<h3>+ que 3D ofrece obradoiros e cursos.<\/h3>\n<p><strong>+ que 3d<\/strong> tam\u00e9n desenvolve unha faceta did\u00e1ctica a trav\u00e9s de <strong>obradoiros e cursos de modelado e dese\u00f1o 3d, rob\u00f3tica e programaci\u00f3n<\/strong> adaptados a varios niveis, dende <strong>principiantes a profesionais<\/strong>.<\/p>\n<h2>Utilidades da impresi\u00f3n en 3D.<\/h2>\n<p>Indagando na rede sobre a <strong>tecnolox\u00eda 3d<\/strong> resulta sorprendente co\u00f1ecer a chea de cousas que se poden facer con este tipo de impresoras e dende a casa. E para mostra, rescato algunha delas:<\/p>\n<h3><strong>Impresi\u00f3n 3d do feto a partir da ecograf\u00eda<\/strong><\/h3>\n<p>Entre os usos que menciona o artigo da wikipedia que fala das impresoras 3d at\u00f3panse as ecograf\u00edas en 3d. \u00c9stas xurdiron fai uns anos e supuxeron un grande avance no sector, por\u00e9n no ano 2013 deuse un paso cara adiante: a impresi\u00f3n en tres dimensi\u00f3ns do feto.<\/p>\n<p>A s\u00faa principal utilidade \u00e9 a de <strong>detectar posibles malformaci\u00f3ns nos non natos ou posibles complicaci\u00f3ns no parto<\/strong>. A impresi\u00f3n 3d <strong>facilita un mellor seguemento do proceso de xestaci\u00f3n<\/strong>.<\/p>\n<p>Outra das utilidades \u00e9 para os <strong>pais con cegueira, quen grazas a estos obxectos realizados con materiais f\u00e1cilmente palpables saber\u00e1n como ser\u00e1 o seu fillo<\/strong>. Na maior\u00eda dos casos, moitos proxenitores xa se interesan en dispo\u00f1er destas impresi\u00f3ns para teren un <strong>recordo material da xestaci\u00f3n dos seus fillos<\/strong>.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-2185 size-full\" title=\"Impresi\u00f3n 3d do feto a partir da ecograf\u00eda\" src=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_01.jpg\" alt=\"Impresi\u00f3n 3d do feto a partir da ecograf\u00eda\" width=\"800\" height=\"514\" srcset=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_01.jpg 800w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_01-300x193.jpg 300w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/Impresora_3D_01-50x33.jpg 50w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<h3><strong>Impresi\u00f3n de \u00f3rganos con tecidos vivos<\/strong><\/h3>\n<p>No ano 2014, Marta Palomo, doutora en Biolox\u00eda e comunicadora cient\u00edfica especializada en biomedicina foi reco\u00f1ecida cunha menci\u00f3n especial na\u00a0VII Edici\u00f3n dos Premios de Periodismo e Investigaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica grazas a un artigo de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica titulado \u00ab<a href=\"http:\/\/www.agenciasinc.es\/Reportajes\/Cuerpos-de-impresion\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Cuerpos de impresi\u00f3n<\/a>\u00bb e publicado pola axencia <a href=\"http:\/\/www.agenciasinc.es\/Quienes-somos\">SINC<\/a>, axencia p\u00fablica de \u00e1mbito estatal especializada en informaci\u00f3n cient\u00edfica.<\/p>\n<p>Neste texto a divulgadora conta que dende hai uns anos os cient\u00edficos non paran de experimentar con impresoras de \u00f3rganos en tres dimensi\u00f3ns e ref\u00edre un importante acontecemento: o logro duns cient\u00edficos da Universidade de Oxford que en 2012 conseguiron imprimir cun material que serve de sustrato para que se formen tecidos reais, capaces de responder a est\u00edmulos e comunicarse como o fan as neuronas.<\/p>\n<figure id=\"attachment_2206\" aria-describedby=\"caption-attachment-2206\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2206 size-full\" title=\"Impresi\u00f3n de \u00f3rganos con tecidos vivos\" src=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/impresi\u00f3n-de-un-prototipo-de-ri\u00f1on.jpg\" alt=\"Impresi\u00f3n de \u00f3rganos con tecidos vivos\" width=\"800\" height=\"532\" srcset=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/impresi\u00f3n-de-un-prototipo-de-ri\u00f1on.jpg 800w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/impresi\u00f3n-de-un-prototipo-de-ri\u00f1on-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/impresi\u00f3n-de-un-prototipo-de-ri\u00f1on-400x266.jpg 400w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/impresi\u00f3n-de-un-prototipo-de-ri\u00f1on-50x33.jpg 50w\" sizes=\"auto, (max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2206\" class=\"wp-caption-text\">Detalle de como a impresora traballa na creaci\u00f3n dun ri\u00f1\u00f3n. Fotograf\u00eda de SINC, baixo licencia <a href=\"http:\/\/www.agenciasinc.es\/Quienes-somos\/Licencia-CC\">CC by 3.0<\/a>.<\/figcaption><\/figure>\n<p>No caso que se ilustra, os cartuchos da impresora, en lugar de tinta, cargar\u00edanse con material que reproduce as condici\u00f3ns dos tecidos vivos.<\/p>\n<h3>Impresi\u00f3n de comida<\/h3>\n<p>\u00bfBomb\u00f3ns personalizados que reproducen as nosas caras? \u00bfplatos con mensaxes ou debuxos art\u00edsticos? Isto e cousas semellantes son elaboradas polas impresoras 3d de coci\u00f1a, como Foodini, da compa\u00f1\u00eda <a href=\"https:\/\/www.naturalmachines.com\/\">Naturalmachines<\/a>, que pronto lanzar\u00e1n \u00f3 mercado. Pizzas ou biscoitos, d\u00f3ce e salgado, Foodini imprime receitas elaboradas a partir de alimentos previamente preparados que se introducen nunhas c\u00e1psulas que poder\u00e1n ser comercializadas nos supermercados.<\/p>\n<figure id=\"attachment_2209\" aria-describedby=\"caption-attachment-2209\" style=\"width: 750px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2209 size-full\" title=\"Impresi\u00f3n de comida en 3D\" src=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/pescado-con-patatas.jpg\" alt=\"Impresi\u00f3n de comida en 3D\" width=\"750\" height=\"950\" srcset=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/pescado-con-patatas.jpg 750w, https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2016\/04\/pescado-con-patatas-237x300.jpg 237w\" sizes=\"auto, (max-width: 750px) 100vw, 750px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-2209\" class=\"wp-caption-text\">-\u00da-lo peixe con patacas? -A\u00ed mesmo, no prato<\/figcaption><\/figure>\n<h3>Impresi\u00f3n de roupa e calzado<\/h3>\n<p><a href=\"http:\/\/danitpeleg.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Danit Peleg<\/a> \u00e9 unha moza dese\u00f1adora de moda establecida en Tel Aviv e recentemente graduada pola <a href=\"http:\/\/www.shenkar.ac.il\/en\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Shankar College of Design<\/a>. No seguinte v\u00eddeo explica como quixo crear unha colecci\u00f3n <em>pret-\u00e1-porter<\/em>, integramente feita na casa cunha impresora 3d.<\/p>\n<p>Logo de traballar con expertos no terreo conseguiu un resultado espectacular, cuxo resultado son prendas que semellan tecidos de ganchillo cunhas ca\u00eddas de efectos impresionantes.<\/p>\n<p>A creadora p\u00eddenos que por un momento imaxinemos o potencial desta tecnolox\u00eda aplicada \u00f3 mundo da moda: \u00abSe vai fr\u00edo, imprime a t\u00faa chaqueta; Viaxas sen equipaxe? Pois imprime a roupa na propia habitaci\u00f3n do hotel; Pronto ser\u00e1 posible dese\u00f1ar, compartir e imprimir a propia roupa directamente na casa\u00bb<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/3s94mIhCyt4\" width=\"560\" height=\"315\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><\/p>\n<p>Logo de investir d\u00faas mil horas de impresi\u00f3n e tras nove meses de investigaci\u00f3n a creadora foi quen de completar o seu proxecto, con fant\u00e1sticos resultados.<br \/>\nhttps:\/\/www.instagram.com\/p\/8OHfsPAFSl\/<\/p>\n<p>Xa o dic\u00eda Radio Futura: \u00abo futuro xa est\u00e1 aqu\u00ed\u00bb. E eles nunca se trabucaban.<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/t0On9tbnKd8\" width=\"420\" height=\"315\" frameborder=\"0\" allowfullscreen=\"allowfullscreen\"><\/iframe><br \/>\n<em>Fotos de portada e de <strong>+ que 3d<\/strong>, de Jennifer Novoa e Celia Rodr\u00edguez.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En 1980 Santiago Auser\u00f3n e o resto da banda Radio Futura, hoxe extinta pero considerada como un dos grupos m\u00e1is influintes da m\u00fasica contempor\u00e1nea espa\u00f1ola, entonaban aquela frase de \u00abel futuro ya est\u00e1 aqu\u00ed\u00bb cando&#8230;<br \/><a href=\"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/que-3d-o-futuro-xa-esta-aqui\/\"> Continuar leyendo&#8230;<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":2185,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[63,140],"class_list":["post-2180","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-ocio","tag-ourense","tag-tecnologia"],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2180","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2180"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2180\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8965,"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2180\/revisions\/8965"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2185"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2180"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2180"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.maistendencia.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2180"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}