Estás en MaisTendencia » Ocio, Peques » Star Wars: A forza renace nas librarías de Ourense (especial nenos)
star-wars-peques

Star Wars: A forza renace nas librarías de Ourense (especial nenos)

Dende a primeira estrea de Star Wars en cines, o episodio IV “Unha nova esperanza”, no ano 1977 o número de seguidores da saga de George Lucas non parou de medrar. O que daquela eran mozos e pequenos seguidores creceron e multiplicáronse. Moitos deles son hoxe pais e nais de novos fans, ós que contaxiaron o seu fervor polos filmes, as personaxes, os lugares, os droides, os fantántiscos lugares e, en definitiva polo universo da Guerra das Galaxias. As librarías ourensanas tamén enchen as súas vitrinas de publicacións, cómics, ou xoguetes educativos co leit motiv desta space opera, co que moitos nenos poden gozar antes e despois da estrea “O Renacer da forza” o vindeiro venres, de paso que se alimenta o seu gusto pola lectura, o cine e o lecer educativo.

Confeccionamos una lista especial Star Wars, que te pode resultar de utilidade se xa tes un pequeno fanático da saga na casa ou a punto de pasarse ó “lado escuro”.

Contrúe os droides máis icónicos da saga: STAR WARS. FÁBRICA DE DROIDES

star-wars-fabrica-droides

Esta publicación da editorial Planeta Junior está recomendado para nenos a partir de 7 años e inclúe todo o preciso para construir a nova xeración de droides, protagonistas da séptima entrega do filme, como BB-8, sin esquencer a robótica parella máis entrañable da saga, R2D2 e C3PO. Coas pezas troqueladas poderás construir e mesmo iniciar a túa primeira colección de droides de Star Wars e personaxes da Guerra das Galaxias.

Pódelo atopar en Libraría Queixumes e Libraría Internacional Nobel
O prezo recomendado é de 9,95 euros.

Lectura galáctica: STAR WARS REBELS, DIARIO DE UN REBELDE

star-wars-diario-rebelde

Da man de Disney chega o diario persoal de Ezra Bridger, un mozo aspirante a Jedi crecido en Lothal durante o reinado do Imperio Galáctico, que acaba de alistarse a un grupo de rebeldes ca intención de complicárllela vida ou facerlla imposible ó Imperio. Se te preguntas quen é o como chegou ata aí, agora tes a oportunidade de averigualo con esta historia que inclue debuxos e relatos emocionantes ó longo de 112 páxinas.

Pódelo atopar en Libraría Platero e Libraría Internacional Nobel.
Prezo recomendado: 9,95 euros.

Espada láser que se converte en proxector: STAR WARS CINE EN CASA

star-wars-cine-casa

A editorial de Disney quere animar os pequechos a que gocen das aventuras dunha galaxia moi, moi lonxana nesta publicación que é un conto e ademáis un proxector. O pack inclúe o elemento máis icónico dos filmes, un sable de luz moi especial, a súa empuñadura é un proxector a través do que se poden visualizar 24 fotogramas das historias de “Unha nova esperanza”, “O imperio contraataca” e “O retorno do Jedi”.

Pódelo atopar en Libraría Platero e Libraría Internacional Nobel.
Prezo recomendado 19,95 euros.

Descubre o seu lado menos escuro: STAR WARS: DARTH VADER Y SU PRINCESITA

star-wars-Darth-princesita

Trátase da secuela dunha publicación anterior, moi exitosa en vendas, “Vader e hijo”. Ó longo de 72 páxinas, encadernadas en tapa dura, o Lord Escuro dos Sith comanda o Imperio Galáctico contra a Alianza Rebelde. Canda tan altas responsabilidades laborais o señor escuro tamén debe conciliar traballo coa vida de familia e o coidado da súa filla, a díscola princesiña Leia, de catro anos, dando lugar a divertidas escenas paternais.

Podes atopalo en Libraría Internacional Nobel.
Prezo recomendado: 9,95 euros.

Pinta a galaxia: STAR WARS: LIBRO PARA COLOREAR

star-wars-colorear

Vas ter 120 páxinas para pintar o universo a toda cor, en especial imaxes da nova entrega da serie, o capítulo VII, “O Renacer da forza”. Amigos xa coñecidos, coma Chewbacca, canda novas personaxes e novos heroes. Naves espacias xa emblemáticas como o Falcón Milenario, xunto os novos vehículos. Ademais dos coñecidos cazas Ala-X poderás descubrir os novos vehículos e aspecto dos storm troopers, pero tamén novos malvados. Que a forza te acompañe!

Podes atopalo en Libraría Internacional Nobel.
Prezo recomendado: 5,95 euros.

Que saber para ser Jedi: STAR WARS: LAS AVENTURAS DE LUKE SKYWALKER, CABALLERO JEDI

star-wars-aventuras-skywalker

Con esta lectura, recomendada para nenos a partires de 9 anos poderán coñecer a historia do xa mítico protagonista da Guerra das Galaxias Luke Skywalker, dende a súa crianza xunto a seus tíos nunha granxa en Tatooine ata convertérense en cabaleiro Jedi.

A publicación une as ilustracións de Ralph McQuarrie, artista conceptual en “Unha nova esperanza”, “O imperio contraataca” e o “retorno do Jedi” coa narración do xornalista do New York Times, Tony Diterlizzi.

Podes atopalo en Libraría Platero e Libraría Internacional Nobel.
Prezo recomendado: 12,95.

 


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (Sin Valoraciones)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *