Estás en MaisTendencia » Ocio » Rosalía de Castro: 180 anos con Galicia no corazón
Rosalía de Castro

Rosalía de Castro: 180 anos con Galicia no corazón

Hoxe traémosvos unha entrevista moi especial. Está de cumpreanos, nada menos que 180 anos, moi bien levados, por certo. Denuncia a inxustiza social, a marxinación ás mulleres e a opresión ó galego, e defende coa súa vida o enxebrismo. Non era poetuitera pero a intensidade dos seus versos é máis que viral. Non fai falla máis presentación, coñecédela todos: velaquí temos a Rosalía de Castro.

MT – Bós días Rosalía, e feliz cumpreanos

RC – Bós días e moitas grazas, a vós e a todos os galegos que me manteñen viva; por eles cheguei ata os 180 ¡e non penso parar!

MT – Estamos seguros de que así será. ¿Cales son as craves para manterse así de ben?

RC – Escribir igual que se vive: con moito sentimento. Isto é atemporal. Por desgraza, os temas que eu trataba seguen de actualidade: séguese menospreciando ás mulleres e marxinando aos pobres e aos inmigrantes. Iso non cambiou nada. Incluso volvemos a ser un país de emigrantes, os nosos xóvenes vense forzados ao exilio, por outros motivos, pero exilio ao fin e o cabo. E eu sei ben o que é botar de menos a terriña…

MT – ¿Como comezou todo? ¿Como foi a túa infancia?

RC – A miña infancia foi un pouco complicada… Daquela as cousas non eran doadas, había moita vergoña, moito sinalar co dedo, máis aínda nos pobos. E a miña nai, sendo nai solteira non pasou ben. Os meus primeiros anos paseinos coas miñas tías paternas. Non é que o meu pai no se interesara por min pero polas súas circunstancias non podía recoñecerme. Por iso nunca tiven un núcleo familiar considerado por aquela época “normal”.

MT – ¿Pensas que aquelas vivencias influiron na túa obra?

RC – Sen dúbida. Intentei plasma-la miña admiración pola miña nai, unha muller namorada que loitou polos séus ideais contra unha sociedade que a desprezaba. Hai moitos tabúes y prexuizos aínda hoxe. Adiqueille A mi madre pero hai moito máis dela  noutras obras, sempre está presente.

Librería Internacional Nobel, Kathedra Librería Universitaria
Librería Internacional Nobel, Kathedra Librería Universitaria

MT – Tamén adicácheslle gran parte da túa obra a Galicia e ao galego ¿como era a situación naquel momento?

RC – O galego naquela época estaba moi mal visto, marxinado e desprezado. Coa lingua tan importante e fermosa que temos… Desprestixiárona por completo y a gran tradición escrita que tiñamos perdeuse. O castelán era a lingua da cultura, a das élites… Por iso quixen volver a darlle vida a través de Cantares Galegos, un canto a Galicia e ás súas xentes.

MT – Unha terra e unhas xentes a quen botaches moito de menos durante os teus anos en Madrid. Levas marcada a palabra “morriña”.

RC – As miñas tempadas en Madrid trouxeron cousas boas e malas. Por suposto que botaba de menos Galicia, acabei plasmándoo por escrito. “Adios ríos, adios fontes…”. Cada despedida doíame un pouco máis. E nembargantes foi en Madrid cando empecei a escribir e onde coñecín ó que foi meu marido, Manuel Murguía, crítico literario e escritor. Foi él quén me animou a publicar.

MT – ¿Qué contabas na túa poesía?

RC – Cos meus versos intentaba transmiti-lo que eu pensaba e sentía. Por iso teñen unha temática tan variada, pensaba en moitas cousas e sentía moitas máis. Intentei retrata-la sociedade galega de forma xusta, dando espazo a aqueles que eran ignorados e denostados: campesiños, pescadores, xente humilde, nenos… Denunciei o trato que se nos daba ós galegos e a Galicia. E por suposto, algo máis de min, o paso do tempo, a inevitabilidade da morte, a angustia… Pero tamén cantei ao amor, dende o máis romántico e desgarrador ata ese amor pola terra e polos nosos que se torna en morriña.

Librería Internacional Nobel, Kathedra Librería Universitaria
Librería Internacional Nobel, Kathedra Librería Universitaria

MT – Tamén tes obra en prosa, ¿de qué falabas nela?

RC – Sigo falando de Galicia, dos galegos, das mulleres, do amor… Incluso métome un pouco coa sociedade madrileña en El Caballero de las Botas Azules, onde me atrevín coa fantasía lírica. Ás veces os contos e as novelas son a única maneira que temos de nos expresar e de denunciar certas formas e costumes. Agora seguides facéndoo, tamén co cine, coa música… Nunca deixedes de facer valer a vosa voz, incluso a través da arte.

MT – Moitas gracias, Rosalía. Segues a ser unha escritora exemplar e non dubidamos de que seguerás vivindo moitos anos máis nos corazóns e nas letras dos galegos. E tí, querido lector, se quedaches con ganas de coñecer a obra de Rosalía con máis profundidade, podes atopa-la súa obra en Librería Garce, Kathedra Librería Universitaria, Librería Nobel, Librería Padre Feijóo, e Librería Queixumes.

 

Fotografías de

Alex Carausan
Alex Carausan
A veces miro las cosas a través de una cámara.
Correo electrónico


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (Sin Valoraciones)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Un comentario en “Rosalía de Castro: 180 anos con Galicia no corazón

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *