Estás en MaisTendencia » Moda, Ocio » ¿Queres ser modelo de MaisTendencia? Só precisas ter ganas

¿Queres ser modelo de MaisTendencia? Só precisas ter ganas

MaisTendencia, nado a iniciativa do Centro Comercial Aberto Ourense Centro está a buscar persoas de todas as idades, sexos e complexións físicas ás que lles gustaría deixarse retratar coas prendas e complementos das últimas coleccións á venda nas tendas que forman parte do pequeno comercio do centro urbán de Ourense e que integran a asociación.

As fotos, que se realizarán en distintos escenarios, exteriores ou de estudo, servirán para ilustrar as informacións sobre moda e tendencia que periódicamente publica este blog.

Se xa che mordeu algo a curiosidade e te estás a preguntar que requisitos se necesitan, agora cho explicamos: Simplemente, as ganas de participar de xente real, de persoas coma tí, nin máis nin menos. Porque cada un de vós, sexa o xénero, aspecto e complexión que teñades, conformades o amplo abano de xente á que se dirixe o noso comercio local. A singularidade de cada un e a pluralidade de todos forman parte dos valores que representa Centro Comercial Aberto Ourense Centro e por iso a participación é aberta a todos.

En particular, estamos pensando facer un especial de moda de tallas grandes, co obxecto non só de amosar as últimas tendencias textís, senón tamén coa intención de poñer o noso pequeno grao de área á integración e á visibilización de todas as personas nun sector como o da moda, no que aínda se impoñen canons estereotipados e excluíntes de corpos e figuras. Así que se vistes ata unha talla 70 e nos queres axudar coa túa colaboración, solicítanos información.

A todos os modelos colaboradores se lles agasallará cun book fotográfico dixital como recordo da súa participación na iniciativa.

Nos seguintes datos de contacto obteredes toda a información necesaria para coñecer máis detalles das condicións de participación:

TELEFONO: 988 601297

E-MAIL: info@ourensecca.com


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (1 voto(s), media: 4,00)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *