Estás en MaisTendencia » Moda » Lookbook de estilo roqueiro: Por Celia Rodríguez
Lookbook rocker por Celia Rodriguez

Lookbook de estilo roqueiro: Por Celia Rodríguez

Hoxe achegámosvos a segunda entrega da serie iniciada o pasado 23 de marzo onde vos imos ir ensinando e comentando post a post o traballo sobre fotografía de moda realizado polos alumnos do segundo curso do Ciclo Superior de Fotografía da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde en Ourense.

Nesta ocasión a protagonista é a alumna Celia Rodríguez, responsable de compor e fotografar o seguinte lookbook protagonizado por un estilo roqueiro e provocador, intencionadamente dirixido a un público mozo, segundo explica a súa autora, coa idea de transmitir a mensaxe de que “calquera persoa é capaz de comerse o mundo, cando loita polos seus sonos“.  Pero ó mesmo tempo, Celia recoñece que buscou nas fotos as doses necesarias de liberdade, gamberrismo e incorformidade que o espíritu roqueiro nos inspira.

Lookbook rocker por Celia Rodriguez

A fotógrafa recoñece que as fontes das que beben os looks que compuxo tratan intencionadamente de reproducir o máis puro estilo de recoñecidas e exitosas fashionbloggers nas súas bitácoras, como as de Blanca Suárez, Dulceida, Lovely Pepa ou Trendy Taste, onde o estilo roqueiro é un clásico que ningunha delas renuncia a versionar.

Contando coa colaboración de dúas tendas de moda, Hermanos Barros e Belinda, asociadas a Centro Comercial Ourense Centro, Celia Rodríguez, argallou looks  similares nos que só quixo variar as prendas accesorias do vestiario,  para conseguir efectos distintos. Sen embargo, a chaqueta de coiro negro é a prenda definitoria dos looks e que vos mostramos a continuación:

-Look 1: A cazadora de coiro negro, neste caso de corte biker, acompáñase dun crop-top cor mostaza e dun pantalón estreito e de tiro alto que evocan un aire dos 90’s, tan de tencencia, xunto con zapatos de plataforma ancha.

A tenda de roupa Belinca proporcionou estes vaqueiros negros tan acaídos ó look
A tenda de roupa Belinda proporcionou estes vaqueiros negros tan acaídos ó look

Look 2:  A segunda proposta refina o estilo engadíndolle pelo á cazadora na parte dianteira e optando por uns leggings na parte inferior do conxunto. O chapeu negro de lá de Hermanos Barros consegue endulzar o look, que se completa cunhas botas de corte militar que funcionan á perfección no conxunto.

Lookbook-rocker

Celia explícanos que parte das localizacións se fixeron sobre fondos como cristaleiras, expresamente buscados para que opuxesen un contraluz ó obxectivo e que a imaxe resultase sobreexposta, case branca,  para así poder encher as sombras co flash. Deste xeito, é a persoa quen atrae maior protagonismo e permite tamén sobreexpoñer (en sentido figurado) o lado macarra e atrevido da modelo e o seu look.

Celia RF

Se vos gustou non deixedes de visitar a seguinte galería de imaxes e botar unha ollada ó traballo completo de Celia Rodríguez, esta futura fotógrafa profesional que, segundo ela mesma nos conta achegouse a esta faceta da arte da man dun filme inspirador: “Into the wild”, unha película de 2007 dirixida por Sean Penn cuxo protagonista emula o retorno ó nomadismo e a un xeito de vida naturalista, tamén moi en sintonía con este espíritu free&wild que trasladan as súas fotografías.

Ver Galería de Imágenes


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (5 voto(s), media: 5,00)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *