Estás en MaisTendencia » Ocio » Fuman, Sula e L.Prince en Tamarindo
Tamarindo Patio Bar

Fuman, Sula e L.Prince en Tamarindo

Nova cita musical nos agarda este segundo fin de semana de abril baixo os soportais da Praza Maior de Ourense, no Patio-Bar Tamarindo. Desta quenda o cartel de actuacións está formado polos DJs Fuman, Sula e L.Prince, que ambientarán as noites do venres, sábado e a sesión vermú do vindeiro domingo.

programa-15-17-abril-tamarindo

Ás 11 da noite do venres, Fuman, DJ e tamén produtor e creador do programa da TVG Musigalité, será o primeiro encargado de dar ambiente musical no Tamarindo. Fuman regresa á cidade na que comezou pinchando en pequenos locais e á que máis tarde voltou para aterrizar no mítico Charol e noutros clásicos locais de Ourense coa maleta cargada de tódolos sons recollidos durante unha etapa previa polo Reino Unido.

O sábado, á mesma hora, recolle o testigo Sula, ofrecendo unha sesión de house (deep, afro, funk, detroit e tech), estilo que xa adoptou para amenizar as noites ourensás dende que abriu o Face na cidade.

A sesión vermú do domingo, ás 12,00 horas, está reservada para L. Prince e o seu indie guitarreiro, que se mestura co máis bailongo salpementado con algo de electrónica, funky e mashups, que tamén sona frecuentemente nas salas de Vigo enchendo os locais do sur galego de sons casteláns e anglófonos.

 


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (2 voto(s), media: 4,50)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *