Estás en MaisTendencia » Ocio » Fins de semana musicais en Tamarindo
Sesión DJ Tamarindo

Fins de semana musicais en Tamarindo

Eres das persoas que non sabe prescindir da música no seu tempo de lecer e inda menos nas saídas da fin de semana? Pois logo, benvido ó #universoTamarindo, un xeito particular de gozar de noites (e medias mañás) musicais coas especiais sesións de DJs que se desenvolven venres, sábados e domingos na zona Patio-Bar de Tamarindo, no número 10 da Praza Maior de Ourense.

A programación que preparou este local ambient situado no mesmo corazón da cidade para a vindeira fin de semana ven cargadiño de estilos, como jazz, progressive house e sesións revival dos 80. Sen esquecer a Isaac Torgal, un dos Dj máis populares de Galicia.

Zona Patio-Bar de Tamarindo

A cargo de Luis Rivera, a noite do venres en Tamarindo inundarase de sons con constantes guiños “á movida ourensá” dos 80, que nos retrotraerá “á época do Modest ou do pub Charol”, onde se pinchaba toda unha ampla gama de estilos. A sesión está plantexada como unha reinterpretacion actual do pasado recente da música que inundaba as rúas dos viños, nas que se reivindican as letras en español, galego, catalán ou italiano, con menos concesións ós sons anglófonos. Aviso: apto non só para nostálxicos.

O mediodía do sábado, o músico de O Porto, Lapa Monteiro, ambientará o Tamarindo a base de jazz que se funde con funky ou sons máis próximos á música electrónica.

lapa-monteiro-2

A noite do sábado estará reservada a DJ Penela, para que nos faga gozar e movernos cunha sesión de progressive house, un dos xéneros máis populares e atraíntes da música de baile.

Finalmente, o domingo, o DJ Isaac Torgal, un dos  principais axitadores das noites de marcha na cidade e en Galicia madrugará para que podamos acompañar o vermú dominical con algunha que outra sorpresa sonora.

Completiño, non sí?

Pincha aquí para coñecer os horarios e o programa musical do mes de abril ó completo en Tamarindo.

finde musical en Tamarindo

 

 


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (1 voto(s), media: 5,00)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittergoogle_plusmail
Síguenos en: Facebooktwittergoogle_plus



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *