Estás en MaisTendencia » Ocio, Peques » 3 Destinos para gozar do Nadal lonxe da casa cos nenos
navidad-viaje

3 Destinos para gozar do Nadal lonxe da casa cos nenos

Estamos na conta regresiva cara a fin do ano, así que estes días de Nadal representan a oportunidade para facer a derradeira escapada ou fuxida de 2015.

Tras explorar as propostas que fan algunhas das axencias de viaxes de Ourense para coñecer os destinos propios desta época, ofrecémosche unha selección das máis apetecibles para os que se consideran máis navideños que o turrón duro e ademáis deben embarcar na aventura aos pequenos, que dende o vindeiro día 18 estarán de vacacións. Toma nota das seguintes suxestións para que os nenos vivan o Nadal das súas vidas e ti tamén te permitas regresar á infancia.

1. Coñecer a Papá Noel en Laponia e facer safaris en trineo.

A Axencia de Viaxes Vila Tres suxírenos botarlle un ollo ao catálogo de Catai Tours, que inclúe a experiencia máis navideña que pode vivir un neno, coñecer ó mesmísimo Papá Noel, no seu cuartel xeneral, en Laponia.

Ademáis, a estancia de seis días de duración inclúe a hospedaxe nas cabanas de Rukan Salonki, a maior estación de esquí alpino de Finlandia.

Serán unhas xornadas de plena actividade nas que vivir experiencias únicas como pescar percas, lucios ou arenques en lagos xeados, participar dun safari en trineos tirados por huskies, visitar unha granxa de renos e coñecer o modo de vida da poboación local ou desfrutar no Snow Fun Park de Rukan Salonki conducindo mini motos de neve ou participando na realización de esculturas de xeo; probar as especialidades laponas máis saborosas e, por suposto, visitar a Casa de Santa Claus e celebrar canda el a Cea de Fin de Ano.

A saída é o próximo 27 de decembro nun voo regular de Finnair dende os aeorportos de Barcelona ou Madrid.

Os prezos oscilan entre 1.950 e 2.565 euros, dependendo do número de persoas que integren o grupo familiar ou de amigos, os servizos ofrecidos inclúen os traslados de chegada e saída dende Kuusamoa a Ruka, toda a equipación necesaria para a realización das actividades, coma botas e traxe térmico, guantes e casco.

O réxime de hospedaxe inclúe pensión completa e unha guía local de fala castelá, que vos acompañará nas actividades, ademáis de agasallos sorpresa o día do encontro con Papá Noel.

2. Espectáculo de Frozen en EuroDisney

A partir de hoxe, 14 de decembro, o Nadal quenta motores en Eurodisney. As irmás Elsa e Anna, chegadas do país de Anderelle son as protagonistas do espectáculo interactivo Frozen, que pon en escea o parque temático, interpretando varias cancións do filme. Pecorrerán as rúas do parque subidas nunha carroza tirada por cabalos e recibirán ós visitantes na súa corte real. Tamén posarán cos máis pequenos para inmortalizar as súas lembranzas.

O parque de atraccións rezuma espíritu navideño, dende unha xigantesca árbore de Nadal ata a celebración da cabalgata, encabezada por Papá Noel e o grupo de estrelas de Disney, que interpretarán alegres panxoliñas.

Para non perder os espectáculos que máis te poidan interesar, recomendámosche que consultes os días e horarios. Dende a páxina web tamén podes facer a reserva do teu paquete Disneyland París ata con dous días de anticipación se é en avión. Ofrecen un paquete integral onde debes elexir o teu hotel favorito e medio de transporte.

3. Apúntate ó despertar da forza dende un cruceiro.

Os fans de Star Wars son lexión e moitos deles pasan dos corenta. Por iso, se queres desfrutar dos ídolos da túa peli favorita en compaña da túa prole, á que tamén pasaches ao lado escuro, a axencia de Viaxes Compostela inclúe información na súa web dos cruceiros organizados polos barcos da naviera Disney Cruise Line a partir desde mesmo mes de decembro.

Poderás disfrazarte co teu traxe de Star Wars preferido e estar preparado para explorar a galaxia facendo boas migas con Chewbacca ou marchar cos soldados imperiais durante o Star Wars Day at Sea.

Os máis pequechos poderán aprender a manexar a espada láser como Obi-Wan nunha verdadeira academia jedi. Valeeee, e tí tamén.

chewacca


Valora este post:
PobreRegularNormalBuenoExcelente (Sin Valoraciones)
Cargando...


Compártelo en: Facebooktwittermail
Síguenos en: Facebooktwitter



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Acepto la política privacidad